O Movemento pola Educación Transformadora e a Cidadanía Global é unha iniciativa que desenvolvemos conxuntamente desde Alboan, Entreculturas, InteRed y Oxfam Intermón e que ten como obxectivo fomentar procesos para incorporar a Educación Transformadora para a Cidadanía Global no marco da educación formal.
Xunto a centros educativos e profesorado impulsamos procesos de diálogo, intercambio de experiencias, reflexión e aprendizaxe conxunta para fortalecer un movemento de comunidades educativas comprometidas co ben común, os Dereitos Humanos, a igualdade de xénero, a interculturalidade e a sustentabilidade ambiental, tanto desde as aulas como fóra delas.
O Movemento é posible grazas ao apoio da Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento e as redes de centros educativos e profesorado que acompañamos desde as catro organizacións promotoras: