FACEMOS MOVEMENTO
Que entendemos por Educación Transformadora para a Cidadanía Global?
É un proceso socioeducativo continuado que promove unha cidadanía crítica, responsable e comprometida coa construción dun mundo máis xusto, equitativo e respectuoso coas persoas e co medio, tanto a nivel local como global
En Alboan, Entreculturas, Intered y Oxfam Intermón concibimos a Educación Transformadora para a Cidadanía Global como un proceso que fomenta o respecto e a valoración da diversidade como fonte de enriquecemento humano, a conciencia ambiental e o consumo responsable, o respecto dos Dereitos Humanos individuais e sociais, a equidade de xénero, o diálogo como ferramenta para a resolución pacífica dos conflitos e a participación democrática, a corresponsabilidade e o compromiso na construción dunha sociedade máis xusta e solidaria.
Estamos convencidas de que, se reorientamos a fin educativa desde o éxito persoal e a competitividade cara ao obxectivo de afrontar de forma colectiva e inclusiva os retos que temos como humanidade, conseguiremos xerar novos modelos de relación, de produción, de consumo… imprescindibles para crear un mundo máis xusto e equitativo.
Por que este Movemento?
Desde o Movemento pola Educación Transformadora e a Cidadanía Global buscamos impulsar procesos educativos que posibiliten xerar a quen participamos neles (sociedade civil, centros educativos e profesorado) capacidades de transformación e cambio cara a ese mundo máis equitativo e sustentable ao que aspiramos. A nosa opción educativa está marcada por unha clara intencionalidade de transformar. Queremos deixar atrás modelos educativos que perpetúan un sistema que propicia a desigualdade e avanzar reforzando os que contribúen a construír unha sociedade máis xusta, equitativa, democrática e participativa.
Neste sentido, facemos noso o Obxectivo 4 desta Axenda e máis concretamente a meta 4.7. Este compromiso materialízase na nosa participación no Movemento 4.7.
Como parte da comunidade educativa, debemos e queremos exercer a nosa responsabilidade á hora de promover un desenvolvemento sustentable para o planeta e as persoas, en consonancia co compromiso adquirido a nivel internacional e nacional plasmado na Axenda 2030
Meta 4.7:
“asegurar que todos os alumnos adquiran os coñecementos teóricos e prácticos necesarios para promover o desenvolvemento sustentable, entre outras cousas mediante a educación para o desenvolvemento sustentable e os estilos de vida sustentables, os dereitos humanos, a igualdade de xénero, a promoción dunha cultura de paz e non-violencia, a cidadanía mundial e a valoración da diversidade cultural e a contribución da cultura ao desenvolvemento sustentable”.
Movémonos para…
Os obxectivos que nos marcamos como Movemento lévanse á práctica a través de cinco liñas de acción principais:
Xerar novo coñecemento sobre a Educación Transformadora e a Cidadanía Global, que se plasma en documentos, artigos e reflexións sobre esta materia.
Promover centros educativos transformadores, colaborando con docentes e equipos directivos que queiran avanzar cara á implementación desta mirada educativa.
Impulsar e fortalecer redes de centros educativos e profesorado que, conxuntamente, contribúan ao movemento de opinión, coñecemento e mobilización por unha educación transformadora.
Promover formacións sobre Educación Transformadora e a Cidadanía Global que axuden a fortalecer coñecementos e capacidades no profesorado.
Difundir recursos (audiovisuais, documentos de reflexión, descricións de experiencias, material educativo…) sobre Educación Transformadora e a Cidadanía Global.
A nosa historia
Desde 2013 trabajamos para fortalecer el Movimiento. Hemos celebrado encuentros, realizado publicaciones y avanzado en la promoción de la meta 4.7 de la Agenda 2030. Para ello hemos contado con la colaboración de la AECID.
Alboan, Entreculturas, Intered, Oxfam Intermón e as nosas respectivas redes de centros educativos e profesorado (Edukalboan, REDec, Rede Transforma e Rede de Educadores e Educadoras para unha cidadanía global) comezamos a reflexionar sobre a necesidade de crear un movemento que aglutine persoas e entidades interesadas na promoción da educación transformadora e a cidadanía global.
O Movemento inicia a súa andaina grazas ao financiamento da Axencia Española de Cooperación Internacional a través do convenio “Movemento pola Educación Transformadora e a Cidadanía Global no eido da Educación formal”.
Ten lugar o I Encontro do Movemento pola Educación Transformadora e a Cidadanía Global no que damos os primeiros pasos na nosa reflexión sobre os centros educativos transformadores.
As organizacións promotoras do Movemento asinamos un novo convenio de colaboración para dar continuidade ao traballo que realizamos conxuntamente desde 2013. Decidimos aliñalo co tema “Por unha educación transformadora e o cumprimento dos ODS”.
Celebramos o II Encontro do Movemento pola Educación Transformadora e a Cidadanía Global no que seguimos profundando nos centros educativos transformadores e, máis concretamente, nos seus trazos e nas propostas para avanzar no seu fortalecemento.
Publicamos Centros Educativos Transformadores. Trazos e propostas para avanzar, documento que aglutina toda a reflexión realizada polo Movemento nesta materia.
Realizamos unha avaliación intermedia do proceso de traballo realizado que nos permite obter información sobre os logros atinxidos e elaborar suxestións de mellora para seguir a promover o Movemento.
Lanzamos o Movemento 4.7, unha rede de apoio á consecución da meta 4.7 da Axenda 2030.